O noso Centro está ubicado nun lugar privilexiado, xa que estamos moi preto do Paseo Marítimo do Burgo, no Concello de Culleredo, o que nos permite poder saír a unha zona verde e ampla durante varios meses ao ano. O Centro atópase nunha zona moi transitada polos veciños da zona e polos veciños da Escola Infantil que temos ao noso carón.

O Centro de Día de Culleredo é moi funcional, xa que contamos cun corredor central moi ancho que vertebra có resto de estancias do Centro. Esta estrutura permite que poidamos traballar cunha visión total do Centro dende diferentes ubicacións, ao mesmo tempo que facilita a deambulación das persoas usuarias neste grande espazo, durante os meses que non podemos saír ao xardín exterior que rodea todo o Centro. Este xardín dá moita vida a todas as persoas que convivimos a diario no Centro, xa que é moi soleado e ten zonas adaptadas para levar a cabo unha deambulación segura.

O noso Centro é apto para 60 prazas. Ao tratarse dun Centro grande, contamos con persoas de diferentes Concellos limítrofes. Ademais de usuarios/as de Culleredo, contamos con persoas do Concello de Cambre e Concello de Oleiros (zonas máis cercanas a Culleredo). A nosa forma de traballo está baseada no respecto e ao fomento da autonomía das persoas usuarias a través de diferentes áreas de intervención, pero sempre aderezado con agarimo e unha unión especial que nos envolve a todas as persoas que convivimos día a día.